cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

23 de maio de 2011

18 de maio de 2011

Concertos de aula- A GUITARRA.


Disfrutando da melodía interpretada por Álvaro coa súa guitarra.Unha actuación moi relaxante!!



17 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS 2011-LOIS PEREIRO

PROBAS MUSICAIS NA XINCANA DO COLE.

O venres foi un día moi especial para tod@s.Actividades deportivas,culturais,musicais e todas moi divertidas traballando en pequenos grupos na xincana,resolvendo as probas no menor tempo posible.Menudo ritmo!Todos os grupos levaban o nome dun escrit@r galego xa homenaxeado.

12 de maio de 2011

Concertos de aula.A GAITA

Menudo gaiteiro temos no cole!Non se lle resiste ningunha muiñeira,e claro,é o que ten a muiñeira, que nos fai bailar!!O gaiteiro xa sabedes que é ANTÓN.

Concertos de aula.O VIOLÍN

Alicia no país dos violíns...Tod@s disfrutamos escoitando a súa actuación:Bravo!

Concertos de aula.A FRAUTA TRAVESEIRA


Chegou,tocou e daba GLORIA oíla.A frauta é especial para poder ser tocada por nen@s,pero sigue sendo unha frauta traveseira de son moi doce.

11 de maio de 2011

OS MAIOS DE 5ºB


Aí ven o Maio...

Aí ven o Maio
moi colorido...
Aí ven o Maio para o colexio,
aí ven o Maio enriba dun coello
Aí ven o Maio
a Culleredo
e todos estamos moi ledos
Estrofas inventadas por eles.

10 de maio de 2011

A NOSA GAITA

Alá ven o gaiteiro...Guille atrévese con todo e faino moi ben.Tan pronto toca A SAIA DA CAROLINA  como despois nos sorprende co WAKA WAKA.Menudo pulmón!

8 de maio de 2011

CLARINETES

Antón e Ávaro, tan pronto interpretan cos seus clarinetes música dos
BEATHLES...

Como se atreven con este outro tema tan distinto que provoca no público esta reacción:



6 de maio de 2011

CONCERTOS DE AULA - A GUITARRA.

...Vou tocar a guitarra ,arra arra a guitarra...Lorenzo deunos un concerto moi completo interpretando varios temas e tamén contestando ás preguntas que lle fixeron @s seus compañeir@s.Noraboa!Este vídeo é un pequeno exemplo,tamén tocou  o HIMNO A LA ALEGRÍA...



5 de maio de 2011

concertosemptydeemptyaula

Patri tocou o violín e aplaudíronlle moitoDespois ela e Paula tocaron xuntas.Como se chama a maneira de tocar que fai Patri co seu violín?


E Miguel tocou a guitarra:


concertosemptydeemptyaula

Un concerto moi didáctico foi o de Hector.Antes da súa actuación falounos das orixes do saxofón,do nome do seu inventor e outras cuestións moi amenas e importantes.



3 de maio de 2011

concertosemptydeemptyaula

Marta interpretando...coa guitarra.Alguén recoñece o título?Seguro que pais/nais,avós/avoas si.Espero respostas.O público aplaudille moito.Ánimo Marta!
Fotos do evento:


////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////
Un grupo de espontáne@s interpretando A SAIA DA CAROLINA