cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

21 de dec. de 2011

CANTÁNDOLLE ÓS REIS.

Hoxe recibimos a súa visita e nós obsequiámolos con algunha panxoliña e to@s desexamos a tod@s UN BO NADAL!!!!





MAMÁ CABRA NO NADAL

Xa coñecedes o grupo "Mamá Cabra".Este Nadal tamén nos agasallan con fermosas cancións.Que vos parece esta?Uns REIS MAGOS MOI MODERNOS E DIVERTIDOS!!!



MAMA CABRA - Xa me tardan estes Magos from merlo branco producións on Vimeo.

20 de dec. de 2011

CONCERTO DE NADAL.

Un ano mais ,a coral dos avós e avoas de Culleredo invitounos a cantar con eles unhas panxoliñas.Alí atopámonos con Pili  que agora está noutro cole,e tamén estaba invitade.Recibiu un montón de bicos.
 Cantaron moito e ben, e nós correspondemos con moitos aplausos e, por suposto, cantando.Moitas grazas e...Ata o ano que ven.FELIZ NADAL!!!!!

9 de dec. de 2011

PANXOLIÑAS:BUSCANDO UNHA ESTRELA

Letra da panxoliña:
 Buscando unha estrela


OS PITIÑOS,
BUSCABAN UNHA ESTRELA,
E CANDO A ATOPARON,
BAILARON CON ELA.

LAI, LARALA, LA RA LA,
A QUEN QUERES TI ALUMEAR,
Ó NENO QUE XA NACEU,
NUNHA NOITE DE NADAL.

OS GATIÑOS,
BUSCABAN UNHA ESTRELA,
E CANDO A ATOPARON,
BAILARON CON ELA.

 LAI, LARALA, LA RA LA,
A QUEN QUERES TI ALUMEAR,
Ó NENO QUE XA NACEU,
NUNHA NOITE DE NADAL.

OS PEIXIÑOS,
BUSCABAN UNHA ESTRELA,
E CANDO A ATOPARON,
BAILARON CON ELA.


 LAI, LARALA, LA RA LA,
A QUEN QUERES TI ALUMEAR,
Ó NENO QUE XA NACEU,
NUNHA NOITE DE NADAL.








Aquí vos deixo este traballo feito pol@s nen@s de 6º
Qedou moi bonito,espero que vos guste e... A CANTAR!

29 de nov. de 2011

A ÁRBORE DE NADAL









Como cada ano por estas datas Papá Noel anda moi atarefado buscando unha árbore para adornala.Camiña polo bosque e atópase co peto real ,co esquío....
Quen lle axudará?
Cantas árbores diferentes hai nas imaxes do vídeo?
Quen se quedou durmido?
Espero as vosas respostas.
Disfrutade do villancico.

25 de nov. de 2011

VAISE ACHEGANDO O NADAL

Preparar os cantos de Nadal leva o seu tempo. Nós imos empezar escoitando este villancico para facer" boca".Elexide persoaxe e...a practicar.
Ideal para facer entre vari@s,pasaredes uns minutos ben entretid@s.

21 de nov. de 2011

MEDRANDO SANS




TODO NATURAL
Ten a froita o azucre
que adoza a nosa vida
come unha mandarina
e logo ti dirás que
queres comer unha pera
ou incluso algunha ameixa
e que o de comer froita está xenial...

15 de nov. de 2011

A FESTA DO MAGOSTO

Asáronse e coméronse castañas,tiznáronse as caras e tamén se cantou e bailou moito e ben.
Aquí vos deixo unha pequena mostra da nosa festa.
Grazas aos pais de Antía por facilitarme as imaxes para relizar a peli.

14 de nov. de 2011

MEDRANDO SANS.A NOSA LINGUA SABE A PAN.

No colexio público de CEA Virxe da Saleta, aproveitando unha frase do escritor mindoniense CUNQUEIRO(do cal se celebra este ano o seu centenario) que di:"UNHA LINGUA É BOA CANDO SABE A PAN FRESCO",realizaron un fermoso vídeo facendo unha coreografía baseada no tema musical"Miña Terra Galega" de Siniestro Total que á súa vez é unha versión de "Sweet Home Alabama" de Lynyrd Skynyrd .
O resultado é un SOBRESAÍNTE para a comunidade escolar de Cea.
Grazas por compartir.




A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

28 de out. de 2011

CANTAMOS UNHA DE MEDO.

Nestes días sin cole sempre está ben lembrar e cantar esta canción ,moi apropiada para estas datas.



O vídeo está moi bonito e fixérono no CEIP Mestres Goldar no 2009 e a música xa sabedes,de MAMÁ CABRA.

19 de out. de 2011

MOITO,MOITO MEDO.

Lembrades esta canción de Mamá Cabra?Nesta época do ano sempre a bailamos en clase de Música.
Ainda que a algúns lles da un pouco de repelús ,sempre queredes repetir...

20 de set. de 2011

POUCO A POUCO...

...Imos empezando.Este curso facémolo dun xeito un tanto accidentado debido como xa sabedes a que estreamos espazo.Agora a aula de Música está no antigo LABORATORIO porque temos unha nova unidade de tres anos,e xa se sabe o que son as mudanzas,que sabemos cando empezan,pero nunca se acaban de rematar.Penso que case está lista e hoxe estiveron na clase  @s nen@s de primeiro e @s de terceiro.Fixemos algunha danza e xogos de presentación con instrumentos.Foi  divertido!!




14 de set. de 2011

Xogos musicais.

Que tal si repasamos un pouco...?
Coa compañía de Papageno será mais divertido.Premede na palabra vermella e...A XOGAR!!!!
Por certo.Alguén lembra quen é Papageno?
Espero respostas.

28 de xuño de 2011

E CHEGARON AS VACACIÓNS...

Xa estamos no verán,tempo de xogos ,viaxes,baños,risas e ...de músicas...para soñar.
O debuxo é de Sandra,unha artista!!!

25 de xuño de 2011

ÚLTIMO CONCERTO DE AULA.

Despois de algúns problemas de tipo técnico podemos ver as imaxes do concerto de Dani(6º B) que foi moi aplaudido polos seus compañeir@s.

17 de xuño de 2011

VISITA Á AULA DE MÚSICA.

Hai xa uns días estiveron aquí(na clase de Música)@s nen@s de 4 anos do grupo B.Todos tocaron o xilófono e gustoulles moito.Tamén querían tocar o bombo pero o tempo rematou e non foi posible.Podedes volver,o bombo é moi divertido!

PARA AS VACACIÓNS

Un libro-disco moi interesante:


Celtic Roots




Celtic Roots - The Anthem from Casa de Tolos on Vimeo.

23 de maio de 2011

18 de maio de 2011

Concertos de aula- A GUITARRA.


Disfrutando da melodía interpretada por Álvaro coa súa guitarra.Unha actuación moi relaxante!!



17 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS 2011-LOIS PEREIRO

PROBAS MUSICAIS NA XINCANA DO COLE.

O venres foi un día moi especial para tod@s.Actividades deportivas,culturais,musicais e todas moi divertidas traballando en pequenos grupos na xincana,resolvendo as probas no menor tempo posible.Menudo ritmo!Todos os grupos levaban o nome dun escrit@r galego xa homenaxeado.

12 de maio de 2011

Concertos de aula.A GAITA

Menudo gaiteiro temos no cole!Non se lle resiste ningunha muiñeira,e claro,é o que ten a muiñeira, que nos fai bailar!!O gaiteiro xa sabedes que é ANTÓN.

Concertos de aula.O VIOLÍN

Alicia no país dos violíns...Tod@s disfrutamos escoitando a súa actuación:Bravo!

Concertos de aula.A FRAUTA TRAVESEIRA


Chegou,tocou e daba GLORIA oíla.A frauta é especial para poder ser tocada por nen@s,pero sigue sendo unha frauta traveseira de son moi doce.

11 de maio de 2011

OS MAIOS DE 5ºB


Aí ven o Maio...

Aí ven o Maio
moi colorido...
Aí ven o Maio para o colexio,
aí ven o Maio enriba dun coello
Aí ven o Maio
a Culleredo
e todos estamos moi ledos
Estrofas inventadas por eles.

10 de maio de 2011

A NOSA GAITA

Alá ven o gaiteiro...Guille atrévese con todo e faino moi ben.Tan pronto toca A SAIA DA CAROLINA  como despois nos sorprende co WAKA WAKA.Menudo pulmón!

8 de maio de 2011

CLARINETES

Antón e Ávaro, tan pronto interpretan cos seus clarinetes música dos
BEATHLES...

Como se atreven con este outro tema tan distinto que provoca no público esta reacción:



6 de maio de 2011

CONCERTOS DE AULA - A GUITARRA.

...Vou tocar a guitarra ,arra arra a guitarra...Lorenzo deunos un concerto moi completo interpretando varios temas e tamén contestando ás preguntas que lle fixeron @s seus compañeir@s.Noraboa!Este vídeo é un pequeno exemplo,tamén tocou  o HIMNO A LA ALEGRÍA...



5 de maio de 2011

concertosemptydeemptyaula

Patri tocou o violín e aplaudíronlle moitoDespois ela e Paula tocaron xuntas.Como se chama a maneira de tocar que fai Patri co seu violín?


E Miguel tocou a guitarra:


concertosemptydeemptyaula

Un concerto moi didáctico foi o de Hector.Antes da súa actuación falounos das orixes do saxofón,do nome do seu inventor e outras cuestións moi amenas e importantes.



3 de maio de 2011

concertosemptydeemptyaula

Marta interpretando...coa guitarra.Alguén recoñece o título?Seguro que pais/nais,avós/avoas si.Espero respostas.O público aplaudille moito.Ánimo Marta!
Fotos do evento:


////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////
Un grupo de espontáne@s interpretando A SAIA DA CAROLINA


28 de abr. de 2011

concertosemptydeemptyaula

Nuria e Alicia tocando a dúo...os violíns ñin,ñin...


                                                                                Agora interpretan:"A canción de Maio"


Tod@s aprenderon moito coas súas explicacións:Sabíades que os violíns teñen ALMA?.Sandra tamén dixo que o arco co que fretan enriba das cordas ten pelos da crin dos cabalos.

27 de abr. de 2011

concertosemptydeemptyaula



O VIOLÍN e PAULA
Hoxe Paula trouxo o seu violín e tocou para tod@s.Que ben o fixo! Foi moi aplaudida.

17 de abr. de 2011

concertosemptydeemptyaula

Á volta das vacacións pensábamos empezar cos nosos concertos de aula ,pero o xoves Brais deunos unha agradable sorpresa e trouxo o seu clarinete.Tocou moi ben e tod@s estiveron moi atentos.

WAKA WAKA COA FRAUTA.ANÍMATE A TOCALO NAS VACACIÓNS.

12 de abr. de 2011

Óperas

Cóntame unha ópera:
Xogade e aprendede cousas novas sobre algunhas das óperas que xa coñecedes.

20 de mar. de 2011

A ORQUESTRA SINFÓNICA.

Instrumentos da orquestra e a súa colocación:

Concerto:MÚSICA PARA SOÑAR

O vindeiro xoves todo o alumnado de 1º,2º,3ºe 4º curso asistiran a un concerto no PAZO DA ÓPERA da Coruña.Escoitaremos melodías de Leroy Anderson e Borodin interpretadas pola Orquestra Sinfónica de Galicia.Lembrade que o silencio é moi importante  para a concentración dos intérpretes.
DISFRUTADE DA MÚSICA!!:
Nas estepas de Asia central(Borodin)
O reloxo sincopado,o gato valseador e a máquina de escribir(Leroy Anderson)







                                                                   
LEROY ANDERSON                                                                        BORODIN