cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

20 de set. de 2011

POUCO A POUCO...

...Imos empezando.Este curso facémolo dun xeito un tanto accidentado debido como xa sabedes a que estreamos espazo.Agora a aula de Música está no antigo LABORATORIO porque temos unha nova unidade de tres anos,e xa se sabe o que son as mudanzas,que sabemos cando empezan,pero nunca se acaban de rematar.Penso que case está lista e hoxe estiveron na clase  @s nen@s de primeiro e @s de terceiro.Fixemos algunha danza e xogos de presentación con instrumentos.Foi  divertido!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

¿que che parece?