cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

31 de dec. de 2012

O APALPADOR

Canción adicada a O Apalpador, personaxe tradicional galego que o 31 de decembro baixa das montañas de "O Caurel" para deixarlle castañas e agasallos ós nenos e nenas de Galicia.
 O personaxe deste vídeo está inspirado nas ilustraciones que del fixo Leandro Lamas.


19 de dec. de 2012

CONCERTO DE AULA.

De novo Lorenzo ensínanos os seus avances coa guitarra.Esta vez as nenas e os nenos de 2º tiveron ocasión de escoitar a súa interpretación dun tema ben coñecido por tod@s.Esperamos outras melodías moi pronto.

10 de dec. de 2012

O ABETO ESTÁ ...

Pois como está sempre antes do NADAL...BALEIRO!!!! Como xa se acercan estas festas, @s nen@s de primeiro decidiron adornalo. Colleron cintas de cores, CDs prateados e SALETA  de 3ºA3ºB fixo unha fermosa estreliña,que...levou o
seu tempo colocala ,pero o resultado final foi moi chuli e ademais tod@s o pasaron moi ben cantando arredor da árbore.
Aquí vos deixo a panxoliña "O ABETO ESTÁ BALEIRO",interpretada polos nenos e nenas de 1º.


6 de dec. de 2012

CONCERTO DE NADAL

O vindeiro 13 de decembro o alumnado de 5 anos vai asistir ao concerto de Nadal no CONSERVATORIO DE MÚSICA.
A CORAL de CULLEREDO vai cantar para nós cancións e panxoliñas.
No villancico popular "VINDE GALEGUIÑOS VINDE" ímoslle axudar  cantando todos xuntos o retrouso:
Vinde galeguiños vinde, 
vinde con pandeiro e gaita,
que un meniño moi riquiño 
naceu hoxe na montaña.
                                                       
                                                                                              

NAVIDAD CON PAZ


Lembrando a MILKI tamén  no NADAL



30 de out. de 2012

PRACTICAMOS COA FRAUTA-6º

                AMORIÑOS COLLÍN                    

26 de out. de 2012

1 de out. de 2012

A SAIA DA CAROLINA

Diferentes versións da canción popular A SAIA DA CAROLINA que estivemos aprendendo estes días.Cal é a que máis vos gusta?

RONCOS DO DIABLO Pasados dous minutos a música colle moita forza:




Para os máis cativos:


A interpretación de FUXAN OS VENTOS:




Tamén podedes tocala coa vosa frauta.






 

17 de set. de 2012

EU FALAREI...

Benvid@s de novo.
Comezamos un novo curso e coma sempre imos incorporándonos á aula de Música.
Para ir abrindo boca que mellor maneira que  ver e escoitar este traballo realizado pola comunidade educativa do I.E.S. de Chapela (Redondela).Un canto de amor en defensa da nosa lingua.


          
E nós tamén queremos cantar...

 

 
 

29 de xuño de 2012

UNHA DESPEDIDA MOI MARCHOSA

O alumnado de 4ºquixo rematar este curso da mellor maneira :bailando e divertíndose.FELICES VACACIÓNS A TOD@S!!!

28 de xuño de 2012

CONCERTO NO CONSERVATORIO

Pololo é un ratiño que o pasa ben coa música...e nós pasámolo ben coa música e con Pololo.

11 de xuño de 2012

O SAXOFÓN

Para coñecer mellor este instrumento tivemos a sorte de contar coa actuación en directo de dous grandes saxofonistas:O italiano ANDREA GUIDO e...LUIS RAMAS, si,si ,a que non sabiades que o profe de Educación Física tamén era un músico excelente?
 Duranta a sesión ademais de interpretar algunhas melodías tamén nos ensinaron diferentes saxos ,a historia deste instrumento...todo de moito interés....Rematamos tod@s acompañándoos coa voz e coas nosas palmas.
Grazas aos dous por esta clase maxistral!!!

5 de xuño de 2012

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


EARTH SONG by MICHAEL JACKSON (CENSURADO NOS EUA)
O vídeo é do single de maior sucesso de Michael Jackson no Reino Unido, que não foi nem "Billie Jean", nem "Beat it", e sim a ecológica "Earth Song", de 1996. A letra fala de desmatamento, sobrepesca e poluição, e, por um pequeno detalhe, talvez você nunca terá a oportunidade de assistir na televisão.
O Detalhe: "Earth Song" nunca foi lançada como single nos Estados Unidos, historicamente o maior poluidor do planeta. Por isso a maioria de nós nunca teve acesso ao clipe.
Vejam, então, o que os americanos nunca mostraram de Michael Jackson.
Filmado em África, Amazónia, Croácia e New York.


3 de xuño de 2012

ANDRÉS DOBARRO.O TREN

Aqui vos deixo este lip dub feito por alumn@s de 4º da ESO do I.E.S. AS BARXAS de MOAÑA.
É unha versión do tren de Andrés Dobarro interpretada por ".Eladio y los seres queridos."
Con poucos recursos e dosis de ilusión e imaxinación saen cousas así.
Noraboa a tod@s @s que participaron nesta actividade!!!


   
   

22 de maio de 2012

CONCERTOS DIDÁCTICOS

ROMEO E XULIETA concebido pola compañía de teatro PER POC é unha versión para marionetas da obra de WILLIAM SHAKESPEARE que inspirou ao compositor ruso SERGEI PROKOFIEV.
É unha historia de amor pero tamén unha historia sobre o absurdo dos conflictos sin resolver,que fácilmente poden desencadear unha traxedia.
As marionetas desenrolan a acción sobre a música descriptiva de PROKOFIEV.

25 de abr. de 2012

OS PINOS.EDUARDO PONDAL


Os Pinos.
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?


¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar.

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.


Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.


Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.












Eduardo Pondal

24 de abr. de 2012

O HIMNO DE GALICIA


Escoita e disfruta con estas imaxes impresionantes,pero, OLLOOOO!!!!,non todo é o que parece... Por que o digo?

11 de abr. de 2012

CONCERTO DE AULA

Hoxe Antón ,de 3º B,deunos unha agradable sorpresa,trouxo o seu violonchelo e interpretou para nós unhas fermosas melodías.

Recibiu un montón de aplausos porque o fixo moi ben!!!

13 de mar. de 2012

EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES: CAMILLE SAINT-SAENS

Camille Saint-Saens (1835-1921) foi organista e pianista, ademais de compositor. Foi un neno prodixio , considerado o Mozart francés.A imaxinación é unha das principais características da súa música como imos  comprobar con esta obra.

 

"El carnaval de los animales" nace desta gran imaxinación e sentido do humor, a obra está chea de bromas e ambientada na  época do Carnaval. Esta “Gran fantasía zoológica” non foi concebida para ser representada, ao contrario, Camille Saint-Säens estaba tan preocupado pola súa reputación de compositor serio que a prohibiu nos seus concertos excepto o movemento El Cisne. Así todo, "El carnaval de los animales" foi estreada na casa dun dos seus amigos durante o Entroido de 1886. Esta prohibición foi revocada no seu testamento podendo disfrutar da obra unha vez falecido o compositor.

2 de mar. de 2012

CONCERTO.MAMÁ OCA


Por fin chegou o día e marchamos moi ilusionados ó PALACIO DA ÓPERA ...
Alí nos recibiron mamá oca e a ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA e deu comezo
a narración e música de :A BELA DORMENTE,POLGARIÑO,A BELA E A BESTA,O XARDÍN DAS FADAS E...FEUCHIÑA(a nosa preferida)A EMPERATRIZ DOS PAGODIÑOS...CIN,CLAN,CLUN...
CIN,CLIN,CLAN,CLUN...TIRULIRULIRU...

1 de feb. de 2012

CONCERTO DIDÁCTICO:MA MERE L'OYE





Música para nen@s creada polo mestre Maurice Ravel baseada en catro contos de fadas:
A bela Dormente,Polgariño,Feuchiña e a Bela e a Besta ,cun soñador final sobre o mundo das fadas.










31 de xan. de 2012

O MUNDO É GRANDE


Canta Mamá Cabra ,pero a melodía coñecédela,ainda que teñades que pensar un pouco...
Unha pista...Que hora é?
Espero algunha resposta.

24 de xan. de 2012

ESTE MUNDO É O QUE QUEREMOS

Os mais pequenos bailan moi ben e @s nen@s de 1º bailan e cantan...a capela.



Baila 4ºA



Baile e karaoke feito po@s nen@s de 5ºB coa música ESTE MUNDO É O QUE QUEREMOS




Bailan e cantan @s nen@s de 6ºB e 6ºA

ROSSINI

Este traballo sobre ROSSINI foi realizado pol@s alumn@s de 5ºA.Mañá asistirán á ópera LA CENICIENTA interpretada por ELS COMEDIÁNTS.Despois destes traballos previos xa teñen moita información que seguro lles será de proveito.

17 de xan. de 2012

15 de xan. de 2012

LA VENTAFOCS.


En que idioma cantan?
Buscade outras formas de titular esta historia:en italiano,francés,inglés....

11 de xan. de 2012

CONCERTOS DIDÁCTICOS.LA CENICIENTA.

La CenicientaOs días 24 e 25 de xaneiro asistiremos no PAZO DA ÓPERA de CORUÑA á representación de "LA CENICIENTA" de ROSSINI adaptada para un público infantil polo grupo catalán ELS COMEDIÁNTS.
Esta ópera está basada no conto clásico  de Charles Perrault:"LA CENICIENTA", que o escribiu no ano 1697.
De seguro será un espectáculo cantado cheo de maxia e diversión...

CENICIENTA

Versión en debuxos animados de LA CENICIENTA protagonizada por Betty Boop.



Agora déixovos unha película muda do ano 1899 de George Melies,un dos pioneiros do cine,sobre CENICIENTA.
NON A PERDADES!!!!