cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

29 de nov. de 2011

A ÁRBORE DE NADAL









Como cada ano por estas datas Papá Noel anda moi atarefado buscando unha árbore para adornala.Camiña polo bosque e atópase co peto real ,co esquío....
Quen lle axudará?
Cantas árbores diferentes hai nas imaxes do vídeo?
Quen se quedou durmido?
Espero as vosas respostas.
Disfrutade do villancico.

25 de nov. de 2011

VAISE ACHEGANDO O NADAL

Preparar os cantos de Nadal leva o seu tempo. Nós imos empezar escoitando este villancico para facer" boca".Elexide persoaxe e...a practicar.
Ideal para facer entre vari@s,pasaredes uns minutos ben entretid@s.

21 de nov. de 2011

MEDRANDO SANS




TODO NATURAL
Ten a froita o azucre
que adoza a nosa vida
come unha mandarina
e logo ti dirás que
queres comer unha pera
ou incluso algunha ameixa
e que o de comer froita está xenial...

15 de nov. de 2011

A FESTA DO MAGOSTO

Asáronse e coméronse castañas,tiznáronse as caras e tamén se cantou e bailou moito e ben.
Aquí vos deixo unha pequena mostra da nosa festa.
Grazas aos pais de Antía por facilitarme as imaxes para relizar a peli.

14 de nov. de 2011

MEDRANDO SANS.A NOSA LINGUA SABE A PAN.

No colexio público de CEA Virxe da Saleta, aproveitando unha frase do escritor mindoniense CUNQUEIRO(do cal se celebra este ano o seu centenario) que di:"UNHA LINGUA É BOA CANDO SABE A PAN FRESCO",realizaron un fermoso vídeo facendo unha coreografía baseada no tema musical"Miña Terra Galega" de Siniestro Total que á súa vez é unha versión de "Sweet Home Alabama" de Lynyrd Skynyrd .
O resultado é un SOBRESAÍNTE para a comunidade escolar de Cea.
Grazas por compartir.




A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.