cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

17 de dec. de 2013

Cantamos polo NADAL

Esta é a panxoliña que cantan en cuarto.Os debuxos fixéronos eles.
                                   VINDE GALEGUIÑOS,VINDE.                          

24 de nov. de 2013

19 de nov. de 2013

SAUDIÑOS

Levamos xa un tempo metidos neste novo curso e o blog de Música está adormecido.
Os motivos deste parón son as novas responsabilidades que me ocupan,e que ,á espera de TEMPOS MELLORES,fan que non dispoña de moitos momentos para adicarlle a SOANLLAS.
Aínda así ,anímovos a seguir visitando este espazo, revisando antigos traballos ,lembrando vellas cancións,repasando danzas...e pode que  algún día tamén descubrades novas actividades.

15 de xuño de 2013

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS

Son os traballos realizados polos alum@S de INFANTIL DE 4 E 5 ANOS(guitarras e móbiles sonoros);e maracas,feitas polos nenos e nenas de 1º de PRIMARIA.
Grazas familias pola vosa colaboración.!!!!



14 de xuño de 2013

O SAXOFÓN.CONCERTO DE AULA

Un ano máis, o alumnado de 4º tivo a oportunidade de participar nesta actividade.
Agradecémosllo a Luis ,sempre disposto a colaborar, para que teñamos a oportunidade de coñecer en directo este magnífico instrumento ,e participar activamente nestas audicións.
Esta vez estivo acompañado de PEPE, o seu profe.
MOITAS GRAZAS AOS DOUS!!!!
Clicade na imaxe e escoitade como tocan.

14 de maio de 2013

aemptyfestaemptydosemptymaios






                                 MAIOS                                     

Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
 
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.

Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)


festa dos maios é unha festa pagana que naceu ligada ao comenzo da primavera, á recolección da sembra, cando unha forza natural fai brotar as sementes e unha explosión de cores tingue os campos, despois dunha longa tempada de chuvias e frío.

Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... 

Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían ós demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". 

Hoxe en día, ademais da forma tradicional, constrúense "maios"artísticos que poden adoptar calquera forma: casas, carros, castelos, figuras humanas...





CONCERTO DE PERCUSIÓN

27 de mar. de 2013

LITO,UNHA PEQUENA ÁRBORE

Con motivo da celebración do día mundial da árbore, o CONCELLO DE CULLEREDO  invitounos a asistir a un concerto didáctico, protagonizado por ADAGIO CANTÁBILE e por suposto por LITO,unha pequena árbore, á cal axudamos a salvar a través de actividades musicais e rítmicas moi motivadoras .                                                                                                        
Pasámolo moi ben, e  todos participamos moi activamente para axudar a LITO.                                                                     

Tamén tocaron a batería, e nós acompañámolos con percusión corporal.                                                 

28 de feb. de 2013

PARA SABER MAIS...

Sobre as BANDAS DE MÚSICA:
Un completo traballo de Xabier C.R. que vos axudará a disfrutar do concerto.
Clica na palabra e tamén na imaxe e comproba o que sabes.

26 de feb. de 2013

CONCERTO DIDÁCTICO:AS FORMAS DO NOSO FOLKLORE

As pezas que imos escoitar,interpretadas pola BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA de
A CORUÑA 


                           ALBORADA GALEGA                        


                                  BRINCADEIRA                        


                                    A LENDA DE MONTELONGO                :

                         UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO                   :

                                 RUMBA PARA SUSI                  


                                  CREMA DE WHISKI                                 

18 de feb. de 2013

ROSALÍA DE CASTRO,POEMAS E MÚSICA.

Negra sombra e a voz inmensa de Luz Casal

Un repoludo gaiteiro...Canta Amancio Prada.






Poema de Rosalía de Castro cantado por Amancio Prada.




31 de xan. de 2013

VIVA A XENTE

Así bailan:

A PAZ

Interpretan coa frauta o HIMNO Á ALEGRÍA @s alumn@s de 6ºA.
Tamén Miguel de 5ºB quixo tocalo coa súa guitarra  e nós poidemos comprobar como mellora cada día.

30 de xan. de 2013

24 de xan. de 2013

CONCERTO DIDÁCTICO

O vindeiro 6 de Xaneiro asistiremos no PAZO DA ÓPERA de Coruña a un espéctaculo musical, que ten como punto de partida a adaptación do conto orixinal de HOFFMAN :
"EL CASCANUECES Y EL REY DE LOS RATONES".
Nesta representación participan:
A ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA e o ballet do CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO, en colaboración con alumnos de danza de distintos CONSERVATORIOS e ESCOLAS DE DANZAS de GALICIA.

Difrutade do conto antes de asistir ó concerto:


Un dos momentos musical que escoitaremos é:

 EL VALS DE LAS FORES:

11 de xan. de 2013

A PAZ



 Aí vos deixo a canción.
Para facer a coreografía pensade sempre en movementos sinxelos para que os poidan aprender @s máis pequen@s.
Ánimo e ata o luns!!!!

7 de xan. de 2013

THE BEATLES

Neste segundo trimestre que empeza imos achegarnos á música desta mítica banda, todo un icono dun estilo musical  referente para outros moitos grupos da actualidade.


Gracias a Mercedes Gonzalez Leal por compartir este traballo.