Un traballo de XABIER C.R.
31 de maio de 2013
14 de maio de 2013
MAIOS
Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)
A festa dos maios é unha festa pagana que naceu ligada ao comenzo da primavera, á recolección da sembra, cando unha forza natural fai brotar as sementes e unha explosión de cores tingue os campos, despois dunha longa tempada de chuvias e frío.
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc...
Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían ós demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, constrúense "maios"artísticos que poden adoptar calquera forma: casas, carros, castelos, figuras humanas...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)