cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

17 de dec. de 2013

Cantamos polo NADAL

Esta é a panxoliña que cantan en cuarto.Os debuxos fixéronos eles.
                                   VINDE GALEGUIÑOS,VINDE.                          

24 de nov. de 2013

19 de nov. de 2013

SAUDIÑOS

Levamos xa un tempo metidos neste novo curso e o blog de Música está adormecido.
Os motivos deste parón son as novas responsabilidades que me ocupan,e que ,á espera de TEMPOS MELLORES,fan que non dispoña de moitos momentos para adicarlle a SOANLLAS.
Aínda así ,anímovos a seguir visitando este espazo, revisando antigos traballos ,lembrando vellas cancións,repasando danzas...e pode que  algún día tamén descubrades novas actividades.

15 de xuño de 2013

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS

Son os traballos realizados polos alum@S de INFANTIL DE 4 E 5 ANOS(guitarras e móbiles sonoros);e maracas,feitas polos nenos e nenas de 1º de PRIMARIA.
Grazas familias pola vosa colaboración.!!!!



14 de xuño de 2013

O SAXOFÓN.CONCERTO DE AULA

Un ano máis, o alumnado de 4º tivo a oportunidade de participar nesta actividade.
Agradecémosllo a Luis ,sempre disposto a colaborar, para que teñamos a oportunidade de coñecer en directo este magnífico instrumento ,e participar activamente nestas audicións.
Esta vez estivo acompañado de PEPE, o seu profe.
MOITAS GRAZAS AOS DOUS!!!!
Clicade na imaxe e escoitade como tocan.