cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

28 de xuño de 2011

E CHEGARON AS VACACIÓNS...

Xa estamos no verán,tempo de xogos ,viaxes,baños,risas e ...de músicas...para soñar.
O debuxo é de Sandra,unha artista!!!

25 de xuño de 2011

ÚLTIMO CONCERTO DE AULA.

Despois de algúns problemas de tipo técnico podemos ver as imaxes do concerto de Dani(6º B) que foi moi aplaudido polos seus compañeir@s.

17 de xuño de 2011

VISITA Á AULA DE MÚSICA.

Hai xa uns días estiveron aquí(na clase de Música)@s nen@s de 4 anos do grupo B.Todos tocaron o xilófono e gustoulles moito.Tamén querían tocar o bombo pero o tempo rematou e non foi posible.Podedes volver,o bombo é moi divertido!

PARA AS VACACIÓNS

Un libro-disco moi interesante:


Celtic Roots




Celtic Roots - The Anthem from Casa de Tolos on Vimeo.

23 de maio de 2011

18 de maio de 2011

Concertos de aula- A GUITARRA.


Disfrutando da melodía interpretada por Álvaro coa súa guitarra.Unha actuación moi relaxante!!



17 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS 2011-LOIS PEREIRO

PROBAS MUSICAIS NA XINCANA DO COLE.

O venres foi un día moi especial para tod@s.Actividades deportivas,culturais,musicais e todas moi divertidas traballando en pequenos grupos na xincana,resolvendo as probas no menor tempo posible.Menudo ritmo!Todos os grupos levaban o nome dun escrit@r galego xa homenaxeado.

12 de maio de 2011

Concertos de aula.A GAITA

Menudo gaiteiro temos no cole!Non se lle resiste ningunha muiñeira,e claro,é o que ten a muiñeira, que nos fai bailar!!O gaiteiro xa sabedes que é ANTÓN.