cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

15 de xuño de 2013

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS

Son os traballos realizados polos alum@S de INFANTIL DE 4 E 5 ANOS(guitarras e móbiles sonoros);e maracas,feitas polos nenos e nenas de 1º de PRIMARIA.
Grazas familias pola vosa colaboración.!!!!



14 de xuño de 2013

O SAXOFÓN.CONCERTO DE AULA

Un ano máis, o alumnado de 4º tivo a oportunidade de participar nesta actividade.
Agradecémosllo a Luis ,sempre disposto a colaborar, para que teñamos a oportunidade de coñecer en directo este magnífico instrumento ,e participar activamente nestas audicións.
Esta vez estivo acompañado de PEPE, o seu profe.
MOITAS GRAZAS AOS DOUS!!!!
Clicade na imaxe e escoitade como tocan.

14 de maio de 2013

aemptyfestaemptydosemptymaios






                                 MAIOS                                     

Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
 
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.

Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)


festa dos maios é unha festa pagana que naceu ligada ao comenzo da primavera, á recolección da sembra, cando unha forza natural fai brotar as sementes e unha explosión de cores tingue os campos, despois dunha longa tempada de chuvias e frío.

Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... 

Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían ós demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". 

Hoxe en día, ademais da forma tradicional, constrúense "maios"artísticos que poden adoptar calquera forma: casas, carros, castelos, figuras humanas...





CONCERTO DE PERCUSIÓN

27 de mar. de 2013

LITO,UNHA PEQUENA ÁRBORE

Con motivo da celebración do día mundial da árbore, o CONCELLO DE CULLEREDO  invitounos a asistir a un concerto didáctico, protagonizado por ADAGIO CANTÁBILE e por suposto por LITO,unha pequena árbore, á cal axudamos a salvar a través de actividades musicais e rítmicas moi motivadoras .                                                                                                        
Pasámolo moi ben, e  todos participamos moi activamente para axudar a LITO.                                                                     

Tamén tocaron a batería, e nós acompañámolos con percusión corporal.