27 de nov. de 2013
A GAITA
Orixes,como é,tipos de gaitas,en que lugares se toca,gaiteir@s famos@s...este foi o traballo de investigación realizado pol@s alumn@s de 4ºB.
24 de nov. de 2013
19 de nov. de 2013
SAUDIÑOS
Levamos xa un tempo metidos neste novo curso e o blog de Música está adormecido.
Os motivos deste parón son as novas responsabilidades que me ocupan,e que ,á espera de TEMPOS MELLORES,fan que non dispoña de moitos momentos para adicarlle a SOANLLAS.
Aínda así ,anímovos a seguir visitando este espazo, revisando antigos traballos ,lembrando vellas cancións,repasando danzas...e pode que algún día tamén descubrades novas actividades.

30 de xuño de 2013
15 de xuño de 2013
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS
Son os traballos realizados polos alum@S de INFANTIL DE 4 E 5 ANOS(guitarras e móbiles sonoros);e maracas,feitas polos nenos e nenas de 1º de PRIMARIA.
Grazas familias pola vosa colaboración.!!!!
Grazas familias pola vosa colaboración.!!!!
14 de xuño de 2013
O SAXOFÓN.CONCERTO DE AULA
Un ano máis, o alumnado de 4º tivo a oportunidade de participar nesta actividade.
Agradecémosllo a Luis ,sempre disposto a colaborar, para que teñamos a oportunidade de coñecer en directo este magnífico instrumento ,e participar activamente nestas audicións.
Esta vez estivo acompañado de PEPE, o seu profe.
MOITAS GRAZAS AOS DOUS!!!!
Clicade na imaxe e escoitade como tocan.

10 de xuño de 2013
31 de maio de 2013
14 de maio de 2013
MAIOS
Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)
A festa dos maios é unha festa pagana que naceu ligada ao comenzo da primavera, á recolección da sembra, cando unha forza natural fai brotar as sementes e unha explosión de cores tingue os campos, despois dunha longa tempada de chuvias e frío.
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc...
Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían ós demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, constrúense "maios"artísticos que poden adoptar calquera forma: casas, carros, castelos, figuras humanas...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)