21 de dec. de 2011
CANTÁNDOLLE ÓS REIS.
Hoxe recibimos a súa visita e nós obsequiámolos con algunha panxoliña e to@s desexamos a tod@s UN BO NADAL!!!!
MAMÁ CABRA NO NADAL
Xa coñecedes o grupo "Mamá Cabra".Este Nadal tamén nos agasallan con fermosas cancións.Que vos parece esta?Uns REIS MAGOS MOI MODERNOS E DIVERTIDOS!!!
MAMA CABRA - Xa me tardan estes Magos from merlo branco producións on Vimeo.
MAMA CABRA - Xa me tardan estes Magos from merlo branco producións on Vimeo.
20 de dec. de 2011
CONCERTO DE NADAL.
Un ano mais ,a coral dos avós e avoas de Culleredo invitounos a cantar con eles unhas panxoliñas.Alí atopámonos con Pili que agora está noutro cole,e tamén estaba invitade.Recibiu un montón de bicos.
Cantaron moito e ben, e nós correspondemos con moitos aplausos e, por suposto, cantando.Moitas grazas e...Ata o ano que ven.FELIZ NADAL!!!!!
Cantaron moito e ben, e nós correspondemos con moitos aplausos e, por suposto, cantando.Moitas grazas e...Ata o ano que ven.FELIZ NADAL!!!!!
9 de dec. de 2011
PANXOLIÑAS:BUSCANDO UNHA ESTRELA
Letra da panxoliña:
Buscando unha estrela
Buscando unha estrela
BUSCABAN UNHA ESTRELA,
E CANDO A ATOPARON,
BAILARON CON ELA.
LAI, LARALA, LA RA LA,
A QUEN QUERES TI ALUMEAR,
Ó NENO QUE XA NACEU,
NUNHA NOITE DE NADAL.
E CANDO A ATOPARON,
BAILARON CON ELA.
LAI, LARALA, LA RA LA,
A QUEN QUERES TI ALUMEAR,
Ó NENO QUE XA NACEU,
NUNHA NOITE DE NADAL.
OS PEIXIÑOS,
E CANDO A ATOPARON,
BAILARON CON ELA.
LAI, LARALA, LA RA LA,
A QUEN QUERES TI ALUMEAR,
29 de nov. de 2011
A ÁRBORE DE NADAL
Quen lle axudará?
Cantas árbores diferentes hai nas imaxes do vídeo?
Quen se quedou durmido?
Espero as vosas respostas.
Disfrutade do villancico.
25 de nov. de 2011
VAISE ACHEGANDO O NADAL
Preparar os cantos de Nadal leva o seu tempo. Nós imos empezar escoitando este villancico para facer" boca".Elexide persoaxe e...a practicar.
Ideal para facer entre vari@s,pasaredes uns minutos ben entretid@s.
Ideal para facer entre vari@s,pasaredes uns minutos ben entretid@s.
21 de nov. de 2011
MEDRANDO SANS
TODO NATURAL
Ten a froita o azucre
que adoza a nosa vida
come unha mandarina
e logo ti dirás que
queres comer unha pera
ou incluso algunha ameixa
e que o de comer froita está xenial...
15 de nov. de 2011
A FESTA DO MAGOSTO
Asáronse e coméronse castañas,tiznáronse as caras e tamén se cantou e bailou moito e ben.
Aquí vos deixo unha pequena mostra da nosa festa.
Grazas aos pais de Antía por facilitarme as imaxes para relizar a peli.
Aquí vos deixo unha pequena mostra da nosa festa.
Grazas aos pais de Antía por facilitarme as imaxes para relizar a peli.
14 de nov. de 2011
MEDRANDO SANS.A NOSA LINGUA SABE A PAN.
No colexio público de CEA Virxe da Saleta, aproveitando unha frase do escritor mindoniense CUNQUEIRO(do cal se celebra este ano o seu centenario) que di:"UNHA LINGUA É BOA CANDO SABE A PAN FRESCO",realizaron un fermoso vídeo facendo unha coreografía baseada no tema musical"Miña Terra Galega" de Siniestro Total que á súa vez é unha versión de "Sweet Home Alabama" de Lynyrd Skynyrd .
O resultado é un SOBRESAÍNTE para a comunidade escolar de Cea.
Grazas por compartir.
O resultado é un SOBRESAÍNTE para a comunidade escolar de Cea.
Grazas por compartir.
A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.
6 de nov. de 2011
31 de out. de 2011
28 de out. de 2011
CANTAMOS UNHA DE MEDO.
Nestes días sin cole sempre está ben lembrar e cantar esta canción ,moi apropiada para estas datas.
O vídeo está moi bonito e fixérono no CEIP Mestres Goldar no 2009 e a música xa sabedes,de MAMÁ CABRA.
O vídeo está moi bonito e fixérono no CEIP Mestres Goldar no 2009 e a música xa sabedes,de MAMÁ CABRA.
25 de out. de 2011
24 de out. de 2011
19 de out. de 2011
MOITO,MOITO MEDO.
Lembrades esta canción de Mamá Cabra?Nesta época do ano sempre a bailamos en clase de Música.
Ainda que a algúns lles da un pouco de repelús ,sempre queredes repetir...
Ainda que a algúns lles da un pouco de repelús ,sempre queredes repetir...
15 de out. de 2011
13 de out. de 2011
10 de out. de 2011
9 de out. de 2011
7 de out. de 2011
SOFÍA, A VACA QUE AMABA A MÚSICA.
Pobre Sofía,por unhas cousas ou por outras ninguén a quería...Unha tenra historia ...para medrar en valores.
20 de set. de 2011
POUCO A POUCO...
...Imos empezando.Este curso facémolo dun xeito un tanto accidentado debido como xa sabedes a que estreamos espazo.Agora a aula de Música está no antigo LABORATORIO porque temos unha nova unidade de tres anos,e xa se sabe o que son as mudanzas,que sabemos cando empezan,pero nunca se acaban de rematar.Penso que case está lista e hoxe estiveron na clase @s nen@s de primeiro e @s de terceiro.Fixemos algunha danza e xogos de presentación con instrumentos.Foi divertido!!
14 de set. de 2011
Xogos musicais.
Que tal si repasamos un pouco...?
Coa compañía de Papageno será mais divertido.Premede na palabra vermella e...A XOGAR!!!!
Por certo.Alguén lembra quen é Papageno?
Espero respostas.
Coa compañía de Papageno será mais divertido.Premede na palabra vermella e...A XOGAR!!!!
Por certo.Alguén lembra quen é Papageno?
Espero respostas.
12 de set. de 2011
13 de ago. de 2011
28 de xuño de 2011
E CHEGARON AS VACACIÓNS...
Xa estamos no verán,tempo de xogos ,viaxes,baños,risas e ...de músicas...para soñar.
O debuxo é de Sandra,unha artista!!!
O debuxo é de Sandra,unha artista!!!
25 de xuño de 2011
ÚLTIMO CONCERTO DE AULA.
Despois de algúns problemas de tipo técnico podemos ver as imaxes do concerto de Dani(6º B) que foi moi aplaudido polos seus compañeir@s.
17 de xuño de 2011
VISITA Á AULA DE MÚSICA.
Hai xa uns días estiveron aquí(na clase de Música)@s nen@s de 4 anos do grupo B.Todos tocaron o xilófono e gustoulles moito.Tamén querían tocar o bombo pero o tempo rematou e non foi posible.Podedes volver,o bombo é moi divertido!
23 de maio de 2011
CONCERTOS DE AULA-O PIANO
Que vos parece?Eu doulles a noraboa polo ben que o fan.Elas son SOFÍA e ANA.
19 de maio de 2011
18 de maio de 2011
17 de maio de 2011
LETRAS GALEGAS 2011-LOIS PEREIRO
PROBAS MUSICAIS NA XINCANA DO COLE.
O venres foi un día moi especial para tod@s.Actividades deportivas,culturais,musicais e todas moi divertidas traballando en pequenos grupos na xincana,resolvendo as probas no menor tempo posible.Menudo ritmo!Todos os grupos levaban o nome dun escrit@r galego xa homenaxeado.
O venres foi un día moi especial para tod@s.Actividades deportivas,culturais,musicais e todas moi divertidas traballando en pequenos grupos na xincana,resolvendo as probas no menor tempo posible.Menudo ritmo!Todos os grupos levaban o nome dun escrit@r galego xa homenaxeado.
12 de maio de 2011
Concertos de aula.A GAITA
Menudo gaiteiro temos no cole!Non se lle resiste ningunha muiñeira,e claro,é o que ten a muiñeira, que nos fai bailar!!O gaiteiro xa sabedes que é ANTÓN.
Concertos de aula.A FRAUTA TRAVESEIRA
Chegou,tocou e daba GLORIA oíla.A frauta é especial para poder ser tocada por nen@s,pero sigue sendo unha frauta traveseira de son moi doce.
11 de maio de 2011
OS MAIOS DE 5ºB
10 de maio de 2011
A NOSA GAITA
Alá ven o gaiteiro...Guille atrévese con todo e faino moi ben.Tan pronto toca A SAIA DA CAROLINA como despois nos sorprende co WAKA WAKA.Menudo pulmón!
8 de maio de 2011
CLARINETES
Antón e Ávaro, tan pronto interpretan cos seus clarinetes música dos
BEATHLES...
BEATHLES...
Como se atreven con este outro tema tan distinto que provoca no público esta reacción:
6 de maio de 2011
CONCERTOS DE AULA - A GUITARRA.
...Vou tocar a guitarra ,arra arra a guitarra...Lorenzo deunos un concerto moi completo interpretando varios temas e tamén contestando ás preguntas que lle fixeron @s seus compañeir@s.Noraboa!Este vídeo é un pequeno exemplo,tamén tocou o HIMNO A LA ALEGRÍA...
5 de maio de 2011
3 de maio de 2011
Marta interpretando...coa guitarra.Alguén recoñece o título?Seguro que pais/nais,avós/avoas si.Espero respostas.O público aplaudille moito.Ánimo Marta!
Fotos do evento:
////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////
Un grupo de espontáne@s interpretando A SAIA DA CAROLINA
Fotos do evento:
////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////
Un grupo de espontáne@s interpretando A SAIA DA CAROLINA
28 de abr. de 2011
Tod@s aprenderon moito coas súas explicacións:Sabíades que os violíns teñen ALMA?.Sandra tamén dixo que o arco co que fretan enriba das cordas ten pelos da crin dos cabalos.
27 de abr. de 2011
O VIOLÍN e PAULA
Hoxe Paula trouxo o seu violín e tocou para tod@s.Que ben o fixo! Foi moi aplaudida.
17 de abr. de 2011
13 de abr. de 2011
12 de abr. de 2011
5 de abr. de 2011
Concertos. A máquina de escribir.
Este tema musical foi moi divertido.Ademais descubriron a máquina de escribir que foi todo un éxito.
31 de mar. de 2011
30 de mar. de 2011
25 de mar. de 2011
20 de mar. de 2011
Concerto:MÚSICA PARA SOÑAR
O vindeiro xoves todo o alumnado de 1º,2º,3ºe 4º curso asistiran a un concerto no PAZO DA ÓPERA da Coruña.Escoitaremos melodías de Leroy Anderson e Borodin interpretadas pola Orquestra Sinfónica de Galicia.Lembrade que o silencio é moi importante para a concentración dos intérpretes.
LEROY ANDERSON BORODIN
Nas estepas de Asia central(Borodin)
O reloxo sincopado,o gato valseador e a máquina de escribir(Leroy Anderson)
LEROY ANDERSON BORODIN
17 de mar. de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)