cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

24 de xan. de 2012

ROSSINI

Este traballo sobre ROSSINI foi realizado pol@s alumn@s de 5ºA.Mañá asistirán á ópera LA CENICIENTA interpretada por ELS COMEDIÁNTS.Despois destes traballos previos xa teñen moita información que seguro lles será de proveito.

17 de xan. de 2012

15 de xan. de 2012

LA VENTAFOCS.


En que idioma cantan?
Buscade outras formas de titular esta historia:en italiano,francés,inglés....

11 de xan. de 2012

CONCERTOS DIDÁCTICOS.LA CENICIENTA.

La CenicientaOs días 24 e 25 de xaneiro asistiremos no PAZO DA ÓPERA de CORUÑA á representación de "LA CENICIENTA" de ROSSINI adaptada para un público infantil polo grupo catalán ELS COMEDIÁNTS.
Esta ópera está basada no conto clásico  de Charles Perrault:"LA CENICIENTA", que o escribiu no ano 1697.
De seguro será un espectáculo cantado cheo de maxia e diversión...

CENICIENTA

Versión en debuxos animados de LA CENICIENTA protagonizada por Betty Boop.



Agora déixovos unha película muda do ano 1899 de George Melies,un dos pioneiros do cine,sobre CENICIENTA.
NON A PERDADES!!!!

21 de dec. de 2011

CANTÁNDOLLE ÓS REIS.

Hoxe recibimos a súa visita e nós obsequiámolos con algunha panxoliña e to@s desexamos a tod@s UN BO NADAL!!!!





MAMÁ CABRA NO NADAL

Xa coñecedes o grupo "Mamá Cabra".Este Nadal tamén nos agasallan con fermosas cancións.Que vos parece esta?Uns REIS MAGOS MOI MODERNOS E DIVERTIDOS!!!



MAMA CABRA - Xa me tardan estes Magos from merlo branco producións on Vimeo.

20 de dec. de 2011

CONCERTO DE NADAL.

Un ano mais ,a coral dos avós e avoas de Culleredo invitounos a cantar con eles unhas panxoliñas.Alí atopámonos con Pili  que agora está noutro cole,e tamén estaba invitade.Recibiu un montón de bicos.
 Cantaron moito e ben, e nós correspondemos con moitos aplausos e, por suposto, cantando.Moitas grazas e...Ata o ano que ven.FELIZ NADAL!!!!!

9 de dec. de 2011

PANXOLIÑAS:BUSCANDO UNHA ESTRELA

Letra da panxoliña:
 Buscando unha estrela


OS PITIÑOS,
BUSCABAN UNHA ESTRELA,
E CANDO A ATOPARON,
BAILARON CON ELA.

LAI, LARALA, LA RA LA,
A QUEN QUERES TI ALUMEAR,
Ó NENO QUE XA NACEU,
NUNHA NOITE DE NADAL.

OS GATIÑOS,
BUSCABAN UNHA ESTRELA,
E CANDO A ATOPARON,
BAILARON CON ELA.

 LAI, LARALA, LA RA LA,
A QUEN QUERES TI ALUMEAR,
Ó NENO QUE XA NACEU,
NUNHA NOITE DE NADAL.

OS PEIXIÑOS,
BUSCABAN UNHA ESTRELA,
E CANDO A ATOPARON,
BAILARON CON ELA.


 LAI, LARALA, LA RA LA,
A QUEN QUERES TI ALUMEAR,
Ó NENO QUE XA NACEU,
NUNHA NOITE DE NADAL.








Aquí vos deixo este traballo feito pol@s nen@s de 6º
Qedou moi bonito,espero que vos guste e... A CANTAR!