cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

22 de maio de 2012

CONCERTOS DIDÁCTICOS

ROMEO E XULIETA concebido pola compañía de teatro PER POC é unha versión para marionetas da obra de WILLIAM SHAKESPEARE que inspirou ao compositor ruso SERGEI PROKOFIEV.
É unha historia de amor pero tamén unha historia sobre o absurdo dos conflictos sin resolver,que fácilmente poden desencadear unha traxedia.
As marionetas desenrolan a acción sobre a música descriptiva de PROKOFIEV.

25 de abr. de 2012

OS PINOS.EDUARDO PONDAL


Os Pinos.
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?


¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar.

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.


Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.


Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.












Eduardo Pondal

24 de abr. de 2012

O HIMNO DE GALICIA


Escoita e disfruta con estas imaxes impresionantes,pero, OLLOOOO!!!!,non todo é o que parece... Por que o digo?

11 de abr. de 2012

CONCERTO DE AULA

Hoxe Antón ,de 3º B,deunos unha agradable sorpresa,trouxo o seu violonchelo e interpretou para nós unhas fermosas melodías.

Recibiu un montón de aplausos porque o fixo moi ben!!!

13 de mar. de 2012

EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES: CAMILLE SAINT-SAENS

Camille Saint-Saens (1835-1921) foi organista e pianista, ademais de compositor. Foi un neno prodixio , considerado o Mozart francés.A imaxinación é unha das principais características da súa música como imos  comprobar con esta obra.

 

"El carnaval de los animales" nace desta gran imaxinación e sentido do humor, a obra está chea de bromas e ambientada na  época do Carnaval. Esta “Gran fantasía zoológica” non foi concebida para ser representada, ao contrario, Camille Saint-Säens estaba tan preocupado pola súa reputación de compositor serio que a prohibiu nos seus concertos excepto o movemento El Cisne. Así todo, "El carnaval de los animales" foi estreada na casa dun dos seus amigos durante o Entroido de 1886. Esta prohibición foi revocada no seu testamento podendo disfrutar da obra unha vez falecido o compositor.

2 de mar. de 2012

CONCERTO.MAMÁ OCA


Por fin chegou o día e marchamos moi ilusionados ó PALACIO DA ÓPERA ...
Alí nos recibiron mamá oca e a ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA e deu comezo
a narración e música de :A BELA DORMENTE,POLGARIÑO,A BELA E A BESTA,O XARDÍN DAS FADAS E...FEUCHIÑA(a nosa preferida)A EMPERATRIZ DOS PAGODIÑOS...CIN,CLAN,CLUN...
CIN,CLIN,CLAN,CLUN...TIRULIRULIRU...