cursor


axouxeres

axóuxeres... crótalos...cascabeis...

20 de set. de 2011

POUCO A POUCO...

...Imos empezando.Este curso facémolo dun xeito un tanto accidentado debido como xa sabedes a que estreamos espazo.Agora a aula de Música está no antigo LABORATORIO porque temos unha nova unidade de tres anos,e xa se sabe o que son as mudanzas,que sabemos cando empezan,pero nunca se acaban de rematar.Penso que case está lista e hoxe estiveron na clase  @s nen@s de primeiro e @s de terceiro.Fixemos algunha danza e xogos de presentación con instrumentos.Foi  divertido!!




14 de set. de 2011

Xogos musicais.

Que tal si repasamos un pouco...?
Coa compañía de Papageno será mais divertido.Premede na palabra vermella e...A XOGAR!!!!
Por certo.Alguén lembra quen é Papageno?
Espero respostas.

28 de xuño de 2011

E CHEGARON AS VACACIÓNS...

Xa estamos no verán,tempo de xogos ,viaxes,baños,risas e ...de músicas...para soñar.
O debuxo é de Sandra,unha artista!!!

25 de xuño de 2011

ÚLTIMO CONCERTO DE AULA.

Despois de algúns problemas de tipo técnico podemos ver as imaxes do concerto de Dani(6º B) que foi moi aplaudido polos seus compañeir@s.

17 de xuño de 2011

VISITA Á AULA DE MÚSICA.

Hai xa uns días estiveron aquí(na clase de Música)@s nen@s de 4 anos do grupo B.Todos tocaron o xilófono e gustoulles moito.Tamén querían tocar o bombo pero o tempo rematou e non foi posible.Podedes volver,o bombo é moi divertido!

PARA AS VACACIÓNS

Un libro-disco moi interesante:


Celtic Roots




Celtic Roots - The Anthem from Casa de Tolos on Vimeo.

23 de maio de 2011