O personaxe deste vídeo está inspirado nas ilustraciones que del fixo Leandro Lamas.
31 de dec. de 2012
O APALPADOR
Canción adicada a O Apalpador, personaxe tradicional galego que o 31 de decembro baixa das montañas de "O Caurel" para deixarlle castañas e agasallos ós nenos e nenas de Galicia.
O personaxe deste vídeo está inspirado nas ilustraciones que del fixo Leandro Lamas.
O personaxe deste vídeo está inspirado nas ilustraciones que del fixo Leandro Lamas.
28 de dec. de 2012
27 de dec. de 2012
23 de dec. de 2012
20 de dec. de 2012
UNHA GALIÑA NO SEU CURRAL.VILLANCICO
A música é de Susa Herrera, e canta Gloria Mosquera Roel.
19 de dec. de 2012
CONCERTO DE AULA.
10 de dec. de 2012
O ABETO ESTÁ ...
Pois como está sempre antes do NADAL...BALEIRO!!!!
Como xa se acercan estas festas, @s nen@s de primeiro decidiron adornalo.
Colleron cintas de cores, CDs prateados e SALETA de 3ºA3ºB fixo unha fermosa estreliña,que...levou o
seu tempo colocala ,pero o resultado final foi moi chuli e ademais tod@s o pasaron moi ben cantando arredor da árbore.
Aquí vos deixo a panxoliña "O ABETO ESTÁ BALEIRO",interpretada polos nenos e nenas de 1º.
Aquí vos deixo a panxoliña "O ABETO ESTÁ BALEIRO",interpretada polos nenos e nenas de 1º.
6 de dec. de 2012
CONCERTO DE NADAL
O vindeiro 13 de decembro o alumnado de 5 anos vai asistir ao concerto de Nadal no CONSERVATORIO DE MÚSICA.
A CORAL de CULLEREDO vai cantar para nós cancións e panxoliñas.
No villancico popular "VINDE GALEGUIÑOS VINDE" ímoslle axudar cantando todos xuntos o retrouso:
A CORAL de CULLEREDO vai cantar para nós cancións e panxoliñas.
No villancico popular "VINDE GALEGUIÑOS VINDE" ímoslle axudar cantando todos xuntos o retrouso:
Vinde galeguiños vinde,
vinde con pandeiro e gaita,
que un meniño moi riquiño
naceu hoxe na montaña.
4 de dec. de 2012
26 de nov. de 2012
14 de nov. de 2012
11 de nov. de 2012
31 de out. de 2012
30 de out. de 2012
26 de out. de 2012
HOXE TOCA PASAR...MEDO!!!!!
Música de MAMÁ CABRA.
Vídeo elaborado pola biblioteca do C.E.I.P. Mestres Goldar.
Vídeo elaborado pola biblioteca do C.E.I.P. Mestres Goldar.
24 de out. de 2012
16 de out. de 2012
8 de out. de 2012
1 de out. de 2012
A SAIA DA CAROLINA
Diferentes versións da canción popular A SAIA DA CAROLINA que estivemos aprendendo estes días.Cal é a que máis vos gusta?
RONCOS DO DIABLO Pasados dous minutos a música colle moita forza:
Para os máis cativos:
A interpretación de FUXAN OS VENTOS:
Tamén podedes tocala coa vosa frauta.
RONCOS DO DIABLO Pasados dous minutos a música colle moita forza:
Para os máis cativos:
A interpretación de FUXAN OS VENTOS:
Tamén podedes tocala coa vosa frauta.
17 de set. de 2012
EU FALAREI...
Benvid@s de novo.
Comezamos un novo curso e coma sempre imos incorporándonos á aula de Música.
Para ir abrindo boca que mellor maneira que ver e escoitar este traballo realizado pola comunidade educativa do I.E.S. de Chapela (Redondela).Un canto de amor en defensa da nosa lingua.
E nós tamén queremos cantar...

8 de ago. de 2012
4 de xul. de 2012
29 de xuño de 2012
UNHA DESPEDIDA MOI MARCHOSA
O alumnado de 4ºquixo rematar este curso da mellor maneira :bailando e divertíndose.FELICES VACACIÓNS A TOD@S!!!
28 de xuño de 2012
CONCERTO NO CONSERVATORIO
Pololo é un ratiño que o pasa ben coa música...e nós pasámolo ben coa música e con Pololo.
11 de xuño de 2012
O SAXOFÓN
Para coñecer mellor este instrumento tivemos a sorte de contar coa actuación en directo de dous grandes saxofonistas:O italiano ANDREA GUIDO e...LUIS RAMAS, si,si ,a que non sabiades que o profe de Educación Física tamén era un músico excelente?
Duranta a sesión ademais de interpretar algunhas melodías tamén nos ensinaron diferentes saxos ,a historia deste instrumento...todo de moito interés....Rematamos tod@s acompañándoos coa voz e coas nosas palmas.
Grazas aos dous por esta clase maxistral!!!

5 de xuño de 2012
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
EARTH SONG by MICHAEL JACKSON (CENSURADO NOS EUA)
O vídeo é do single de maior sucesso de Michael Jackson no Reino Unido, que não foi nem "Billie Jean", nem "Beat it", e sim a ecológica "Earth Song", de 1996. A letra fala de desmatamento, sobrepesca e poluição, e, por um pequeno detalhe, talvez você nunca terá a oportunidade de assistir na televisão. O Detalhe: "Earth Song" nunca foi lançada como single nos Estados Unidos, historicamente o maior poluidor do planeta. Por isso a maioria de nós nunca teve acesso ao clipe. Vejam, então, o que os americanos nunca mostraram de Michael Jackson. Filmado em África, Amazónia, Croácia e New York. |
3 de xuño de 2012
ANDRÉS DOBARRO.O TREN
Aqui vos deixo este lip dub feito por alumn@s de 4º da ESO do I.E.S. AS BARXAS de MOAÑA.
É unha versión do tren de Andrés Dobarro interpretada por ".Eladio y los seres queridos."
Con poucos recursos e dosis de ilusión e imaxinación saen cousas así.
Noraboa a tod@s @s que participaron nesta actividade!!!

22 de maio de 2012
CONCERTOS DIDÁCTICOS
ROMEO E XULIETA concebido pola compañía de teatro PER POC é unha versión para marionetas da obra de WILLIAM SHAKESPEARE que inspirou ao compositor ruso SERGEI PROKOFIEV.
É unha historia de amor pero tamén unha historia sobre o absurdo dos conflictos sin resolver,que fácilmente poden desencadear unha traxedia.
As marionetas desenrolan a acción sobre a música descriptiva de PROKOFIEV.

17 de maio de 2012
Xornada do día das LETRAS GALEGAS 2012
Unha xornada moi dinámica:equipos,probas ,xogos,convivencia...
25 de abr. de 2012
OS PINOS.EDUARDO PONDAL
Os Pinos. na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar. Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán. Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán. |
|
24 de abr. de 2012
O HIMNO DE GALICIA
Escoita e disfruta con estas imaxes impresionantes,pero, OLLOOOO!!!!,non todo é o que parece... Por que o digo?
11 de abr. de 2012
CONCERTO DE AULA
Hoxe Antón ,de 3º B,deunos unha agradable sorpresa,trouxo o seu violonchelo e interpretou para nós unhas fermosas melodías.
Recibiu un montón de aplausos porque o fixo moi ben!!!
Recibiu un montón de aplausos porque o fixo moi ben!!!
15 de mar. de 2012
13 de mar. de 2012
EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES: CAMILLE SAINT-SAENS
Camille Saint-Saens (1835-1921) foi organista e pianista, ademais de compositor. Foi un neno prodixio , considerado o Mozart francés.A imaxinación é unha das principais características da súa música como imos comprobar con esta obra.
"El carnaval de los animales" nace desta gran imaxinación e sentido do humor, a obra está chea de bromas e ambientada na época do Carnaval. Esta “Gran fantasía zoológica” non foi concebida para ser representada, ao contrario, Camille Saint-Säens estaba tan preocupado pola súa reputación de compositor serio que a prohibiu nos seus concertos excepto o movemento El Cisne. Así todo, "El carnaval de los animales" foi estreada na casa dun dos seus amigos durante o Entroido de 1886. Esta prohibición foi revocada no seu testamento podendo disfrutar da obra unha vez falecido o compositor.
7 de mar. de 2012
2 de mar. de 2012
CONCERTO.MAMÁ OCA
Por fin chegou o día e marchamos moi ilusionados ó PALACIO DA ÓPERA ...
Alí nos recibiron mamá oca e a ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA e deu comezo
a narración e música de :A BELA DORMENTE,POLGARIÑO,A BELA E A BESTA,O XARDÍN DAS FADAS E...FEUCHIÑA(a nosa preferida)A EMPERATRIZ DOS PAGODIÑOS...CIN,CLAN,CLUN...
CIN,CLIN,CLAN,CLUN...TIRULIRULIRU...
1 de mar. de 2012
22 de feb. de 2012
14 de feb. de 2012
1 de feb. de 2012
CONCERTO DIDÁCTICO:MA MERE L'OYE
Música para nen@s creada polo mestre Maurice Ravel baseada en catro contos de fadas:
A bela Dormente,Polgariño,Feuchiña e a Bela e a Besta ,cun soñador final sobre o mundo das fadas.
31 de xan. de 2012
O MUNDO É GRANDE
Canta Mamá Cabra ,pero a melodía coñecédela,ainda que teñades que pensar un pouco...
Unha pista...Que hora é?
Espero algunha resposta.
24 de xan. de 2012
ESTE MUNDO É O QUE QUEREMOS
Os mais pequenos bailan moi ben e @s nen@s de 1º bailan e cantan...a capela.
Baila 4ºA
Baile e karaoke feito po@s nen@s de 5ºB coa música ESTE MUNDO É O QUE QUEREMOS
Bailan e cantan @s nen@s de 6ºB e 6ºA
Baila 4ºA
Baile e karaoke feito po@s nen@s de 5ºB coa música ESTE MUNDO É O QUE QUEREMOS
Bailan e cantan @s nen@s de 6ºB e 6ºA
ROSSINI
Este traballo sobre ROSSINI foi realizado pol@s alumn@s de 5ºA.Mañá asistirán á ópera LA CENICIENTA interpretada por ELS COMEDIÁNTS.Despois destes traballos previos xa teñen moita información que seguro lles será de proveito.
22 de xan. de 2012
17 de xan. de 2012
15 de xan. de 2012
LA VENTAFOCS.
En que idioma cantan?
Buscade outras formas de titular esta historia:en italiano,francés,inglés....
11 de xan. de 2012
CONCERTOS DIDÁCTICOS.LA CENICIENTA.
Os días 24 e 25 de xaneiro asistiremos no PAZO DA ÓPERA de CORUÑA á representación de "LA CENICIENTA" de ROSSINI adaptada para un público infantil polo grupo catalán ELS COMEDIÁNTS.
Esta ópera está basada no conto clásico de Charles Perrault:"LA CENICIENTA", que o escribiu no ano 1697.
De seguro será un espectáculo cantado cheo de maxia e diversión...
Esta ópera está basada no conto clásico de Charles Perrault:"LA CENICIENTA", que o escribiu no ano 1697.
De seguro será un espectáculo cantado cheo de maxia e diversión...
CENICIENTA
Versión en debuxos animados de LA CENICIENTA protagonizada por Betty Boop.
Agora déixovos unha película muda do ano 1899 de George Melies,un dos pioneiros do cine,sobre CENICIENTA.
NON A PERDADES!!!!
Agora déixovos unha película muda do ano 1899 de George Melies,un dos pioneiros do cine,sobre CENICIENTA.
NON A PERDADES!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)